"Yo creo que Dios está en el corazón de todos los seres humanos"
Modesta Campo Valiña: "La vida religiosa es, a mi entender, la que nos ayuda a descubrir a Dios dentro de nosotros mismos"
Neste mundo noso, no que son tan abondosos os mestres ou gurus, expertos e mais especialistas, custa moito achegarse á persoa de Xesus sen pensar nel como noutro dos grandes mestres espirituais da Humanidade: Sócrates, Xesus, Buda...Tamen Xesus tivo discipulos: os que seguiron a sua doutrina e souberon facer chegar a sua mensaxe de amor universal. O feito de falarmos, nós hoxe, de "discípulos" ou de "mensaxe" xa fala de seu: Xesus é logo outro mestre....Se non o fora non tería discipulos nin mensaxe. Na nosa espiritualidade á carta, podemolo elixir coma mestre noso. Ou mesturar, se cadra, a sua doutrina ca de Buda. Ou vela reflectida na dos mestres do moderno hinduismo. Cadaquen escolle as crenzas ou doutrinas que mellor lle parecen. Cadaquen segue ao seu mestre.
A Xesus, porén, non somos nosoutros quen de elixilo coma mestre noso. Somos quen de elixir e seguir a doutrina de Buda, por exemplo. A mensaxe de Xesus non somos quen de seguila. Non somos nosoutros os que eliximos e seguimos as pegadas de Xesus. E o mesmo Xesus o que elixe e chama aos seus discipulos. Se non temos isto en conta non daremos distinguido a Xesus dos mestres e gurus espirituais que somos quen de seguir neste mundo noso. O feito de sermos nos os elixidos e chamados e non os que elixen á carta ou segundo as suas comenencias e a cerna do conto. A mín, alomenos, pareceme moi esquecida nestes tempos nosos a diferenza entre Xesus e os mestres espirituais. Esquecida mesmo polos cristians, que seguen doutrinas e mestres que falan moito de Xesus pero pouco do que lle afasta dos grandes mestres.
Ao meu entender, non son aqueles pescadores que deixaron os seus aparellos á beira do mar de Galilea e seguiron a Xesus converténdose dese xeito nos seus primeiros discípulos os que mellor nos poden axudar a entender hoxe a diferenza entre Xesus e os mestres espirituais. O Evanxeo falanos doutros discipulos. Non sabemos os seus nomes pero tivo que habelos. Refírome aos que puido haber entre os doentes e endiañados que Xesus sandou. Aqueles pescadores puideron deixar os seus aparellos á beira do mar e seguir a Xesus cos seus pes. Foron quen de deixalo todo e seguir ao seu mestre. Os doentes, en troques, non eran quen de facer nada. Non eran quen, nin sequera, de achegarse a Xesus. Da sogra de Simon, por exemplo, dinos o Evanxeo que estaba deitada con febre. Foi o mesmo Xesus o que, "achegandose, colleuna pola man e ergueuna". O Evanxeo dinos tamen que "chegada a tardiña, levaronlle a Xesus todolos doentes e mais endemoñados...". Non foron eles...
Se hai unha cousa á que lle temos medo os homes do noso tempo e a non sermos quen de facer nada por nos mesmos, sen axuda. A non valermonos. Sermos independentes e o primeiro dos nosos valores. Non precisar de ninguen. De feito os gurus da psicoloxia mesturada coa relixion que atopamos na internet non falan doutra cousa: "se ti mesmo, fai o teu camiño en soidade, so con Deus...todo aquilo do que precisas telo dentro de ti. Eu sou o teu mestre e vouche axudar".
Supoño que por iso, cando pensamos nos primeiros discípulos de Xesus so acordamos dos que deixaron os aparellos. Non pensamos nos que non puideron deixar nin o seu leito, nos que non puideron achegarse a Xesus, nos que foron levados nas padiolas, nos dependentes de todo...
Xesus non vai sandar a todos os que lle andaban a buscar. Isto tamen e moi importante telo en conta. Non vira so sandar. Vira tamen predicar dun sitio a outro. A palabra tamen sanda. Sanda porque chega ao corazon de cadaquen. Non deixa indiferente a ninguen. Fai o seu traballo, como dixo o profeta...Non e o traballo que facemos nós ao meditala ou estudala. Os mestres e os psicologos convidannos a facer un traballo, a "traballarmonos a nos mesmos". A Palabra de Deus, en troques, non nos convida a traballar. Todo o traballo faino ela. Todo o traballo fixoo dunha vez por sempre a Palabra feita home, morto e resucitado por nos. Ao que nos convida a Palabra de Xesus e a acollela na nosa vida. A acollermonos os uns aos outros nela. So iso. Mais nada e non che e pouco...
También te puede interesar
"Yo creo que Dios está en el corazón de todos los seres humanos"
Modesta Campo Valiña: "La vida religiosa es, a mi entender, la que nos ayuda a descubrir a Dios dentro de nosotros mismos"
Lo último
Una travesía entre los miedos del mundo hacia el Belén de las Periferias
La Esperanza insurgente del Adviento
Retomamos el camino de Adviento
15 de diciembre: III Lunes de Adviento
Si hablamos de "identidad sacramental" para vincular a los varones consagrados a Cristo, no terminamos de ver qué relación tiene con el orden natural, con la masculinidad o feminidad
¿Las mujeres no pueden acceder al ministerio ordenado?